• Galego
  • Castellano
  • Portugues
Logo Galiciana
  • Consulta
  • Coleccións
  • Directorio
  • Acerca de
  • Axuda
  • Profesionais
    • Galiciana Profesionais
    • Agregar o teu repositorio
    • Dixitalizar patrimonio
    • METS Archivo Dixital
    • METS Biblioteca Dixital
Está en:  › Acerca de

Galiciana. Sistema de Difusión e Recolección do Patrimonio Dixital de Galicia.

Galiciana é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia e no que participan outras institucións da memoria da Comunidade, o que o converte no maior directorio e recolector de patrimonio cultural de Galicia.

Galiciana facilita o acceso, a través dun portal único, a contidos dixitais recompilados e xestionados nas institucións correspondentes, que participan voluntariamente permitindo a recolección dos seus repositorios baseados no estándar OAI- PMH. A colección está formada por unha gran variedade de libros, xornais, revistas, documentos de arquivo, fotografías, mapas, etc.; que se recompilan grazas a proxectos de dixitalización que buscan, non só preservar o patrimonio cultural, senón difundilo entre a cidadanía.

Galiciana forma parte do proxecto Hispana, que se encarga de agregar os obxectos dixitais das institucións da memoria españolas e que á súa vez é colleitado por Europeana, que é o portal do patrimonio cultural europeo que conta con máis de 50 millóns de obras de arte, obxectos, libros, vídeos e sons de toda Europa.

  • Logo de OAI-PMH
  • Logo de Linked Open Data
  • Logo de Europeana Data Model
  • 
Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal