¿Qué hai en Galiciana?
En Galiciana atoparás imaxes de documentos representativos do patrimonio dixital de Galicia provenientes de distintas orixes. É dicir, só aparecerán en Galiciana documentos que teñan obxectos dixitais asociados, para outros documentos existentes, pero que non estan dixitalizados, deberás acceder ao sitio web correspondente e consultar o seu fondo completo. Consulta a información no apartado Directorio de proxectos Directorio de proxectos.
¿Qué podo facer con Galiciana?
Galiciana pode utilizarse por investigadores, científicos ou escritores como unha fonte de datos para os seus estudos sobre a evolución da sociedade galega ao longo dos séculos.
Tamén pode usarse polo público en xeral para coñecer as súas orixes familiares e completar a árbore xenealóxica, saber máis sobre a historia dun lugar e pescudar que sucedeu nunha data concreta.
¿Qué repositorios agrupa Galiciana?
Os repositorios que inclúe Galiciana poden consultarse no apartado Coleccións e se agrupan en distintos tipos:
Xestionados pola Xunta de Galicia:
Galiciana. Biblioteca Digital de Galicia, que é un servizo xestionado pola Biblioteca de Galicia e conta con case de 200.000 obxectos dixitaix.
Galiciana. Archivo Digital de Galicia, que está xestionado polo Arquivo de Galicia e agrupa arquivos históricos, municipais e doutras institucións.
Xestionados polas Universidades de Galicia:
Minerva, que é o repositorio da Universidade de Santiago de Compostela.
RUC, que é o repositorio da Universidad de A Coruña
Investigo, que é o repositorio da Universidad de Vigo
Xestionados por outras institucións como a Real Academia de Galicia ou o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal