Os Fondos Estruturais e de Investimento Europeos son uns fondos que funcionan de modo conxunto a fin de apoiar a cohesión económica, social e territorial e alcanzar os obxectivos da Estratexia Europa 2020 da Unión Europea (UE) para un crecemento intelixente, sustentable e integrador.
No ámbito deste portal, recibíronse axudas cofinanciadas cos seguintes fondos:
P.O. FEDER Galicia 2014-2020 | EP – INTERREG V A España Portugal 2014-2020 | PROGRAMA POCTEP 2007-2013 |
Datos de identificación do proxecto Título: Memoria Dixital de Galicia Eixo prioritario: 3. Prevención de riscos e mellora da xestión dos recursos naturais Obxectivo temático: 02 - Mellorar o uso e calidade das TIC e o acceso a estas, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 Prioridade de investimento: 02.03 - Reforzo das aplicacións das tecnoloxías da información e da comunicación para a Administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónical Obxectivo específico: 02.03.01 – Promover os servizos públicos dixitais, a alfabetización dixital, e-aprendizaxe, e-inclusión e e-saude Categorías de intervención: 094. Protección, desenvolvemento e promoción dos activos da cultura e o patrimonio públicos Estado de progreso do proxecto: En execución |
Promover a construción da Memoria Dixital de Galicia como un proxecto colectivo de preservación, valorización e difusión do patrimonio cultural de Galicia. O proxecto de Memoria Dixital de Galicia pon en marcha a recolección dos fondos culturais do Arquivo Dixital de Galicia e da Biblioteca Dixital de Galicia desde Galiciana-Patrimonio Dixital de Galicia para a súa difusión desde este punto común de acceso. A Memoria Dixital de Galicia implica un achegamento ao patrimonio cultural e ao eido da dinamización da cultura, aproveitando a potencialidade das TIC e os novos usos e costumes dunha sociedade dixital. Un dos eixos fundamentais do proxecto da Memoria Dixital de Galicia será achegar unha liña de financiamento que permita ás institucións da memoria levar adiante proxectos de dixitalización para transformar os seus fondos patrimoniais en recursos dixitais accesibles. Será imprescindible que os obxectos dixitais resultado deses proxectos sexan conforme as normas e estándares nacionais e internacionais que se definan nas presentes bases reguladoras.
|
Datos de identificación do proxecto Código do proxecto: 0358_ GEOAPARD_1_E Título: Patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal: valoración e innovación Convocatoria: Primeira Área de cooperación: Galicia/Norte de Portugal Eixo prioritario: 3. Prevención de riscos e mellora da xestión dos recursos naturais Obxectivo temático: 6. Protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos Prioridade de investimento: 6. C: Protección, fomento e desenvolvemento do patrimonio cultural e natural Obxectivo específico: 6. C. Protexer e valorizar o patrimonio cultural e natural como soporte de base económica da rexión transfronteiriza Categorías de intervención: 094. Protección, desenvolvemento e promoción dos activos da cultura e o patrimonio públicos Estado de progreso do proxecto: En execución Portal do proxecto: |
O proxecto Geoarpad, enmarcado na 1.ª convocatoria do programa operativo EP – INTERREG V A España Portugal (POCTEP), articúlase como unha proposta de cooperación dentro da área Galicia-Norte de Portugal no marco do obxectivo específico de Protección e valorización do patrimonio cultural e natural, como soporte de base económica da rexión transfronteiriza, e da protección, desenvolvemento e promoción dos activos da cultura e patrimonio públicos. O obxectivo xeral é valorizar o patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, como elemento de desenvolvemento transfronteirizo, mediante estratexias e modelos conxuntos de recollida e tratamento de información e xestión, promovendo a difusión do mesmo e o seu aproveitamento por parte de sectores económicos como o sector turístico, e impulsando a participación social en todo o proceso.
|
Datos de identificación do proxecto Código do proxecto: 0607_ARPAD_1_E Título: Archivo Digital, conservación del patrimonio documental y eliminación de papel en las relaciones administrativas Convocatoria: Tercera Área de cooperación: Galicia/Norte de Portugal Eixo prioritario: 3. Prevención de riscos e mellora da xestión dos recursos naturais Obxectivo temático: 6. Protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos Prioridade de investimento: 6. C: Protección, fomento e desenvolvemento do patrimonio cultural e natural Obxectivo específico: 6. C. Protexer e valorizar o patrimonio cultural e natural como soporte de base económica da rexión transfronteiriza Categorías de intervención: 094. Protección, desenvolvemento e promoción dos activos da cultura e o patrimonio públicos Estado de progreso do proxecto: Finalizado Portal do proxecto: |
O proxecto ARPAD, é unha iniciativa de cooperación interadministrativa que permitirá reducir o uso do papel na actividade das AAPP traballando en dúas vías: a xestión documental electrónica coa creación do Arquivo Dixital de Galicia e o desenvolvemento de servizos dixitais administrativos e de interoperabilidade. O obxectivo xeral é valorizar o patrimonio cultural da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, como elemento de desenvolvemento transfronteirizo, mediante estratexias e modelos conxuntos de recollida e tratamento de información e xestión, promovendo a difusión do mesmo e o seu aproveitamento por parte de sectores económicos como o sector turístico, e impulsando a participación social en todo o proceso.
|
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atenção à cidadania - Acessibilidade - Aviso legal - Mapa do portal