Metadata Encodig & Transmission Standard (METS) é un estándar baseado en XML para describir os obxectos dixitais que permite á súa vez incorporar outros estándares de metadatos como EAD, PREMIS ou MODS. É dicir, dentro dun METS pódese incluír outras estruturas de metadatos grazas aos elementos mets:mdWrap.
Esta flexibilidade á hora de elixir calquera estándar de metadatos permite un gran nivel de personalización, pero provoca limitacións para a interoperabilidade debido á variabilidade coa que se poden definir.
Para facilitar información acerca da definición que fai unha institución dos seus ficheiros METS créanse os perfís institucionais, desta forma, conséguese homoxeneizar a creación de ficheiros e a reutilización dos obxectos por outras institucións.
No caso do Arquivo Dixital de Galicia o perfil utilizado está dispoñible en http://www.loc.gov/standards/mets/profiles/00000046.xml
Para os ficheiros do Arquivo Dixital de Galicia, utilízanse 5 das 7 seccións dun documentos.
Metadatos para describir información sobre o documento dixitalizado como o creador, o responsable da descrición ou o encargado da preservación.
Nesta sección inclúense os datos que describen o elemento dixitalizado con información obtida do Arquivo Dixital de Galicia e expresado en formato EAD.
Neste bloque do METS descríbese a listaxe de ficheiros que forman el obxecto dixital agrupados por tipo de fichero a través de etiquetas fileGrp.
Sección para describir a organización do documento desde la perspectiva lóxica e aliñada co documento orixinal (capítulos, seccións,...)
Consulta toda a información dispoñible sobre requerimientos téncicos para proxectos de dixitalización en Galicia nesta ligazón.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atenção à cidadania - Acessibilidade - Aviso legal - Mapa do portal