Para apoiar os procesos de dixitalización e garantir a calidade dos ficheiros xerados definíronse políticas e procedementos que permiten obter elementos homoxéneos con independencia do lugar, o momento ou o creador que os xere.
O resultado dun proceso de dixitalización serán obxectos dixitais, entendidos como a dupla composta por ficheiros+metadatos.
A estrutura de entrega adaptarase ao uso que vaia a ter:
Entrega para difusión (formato-objeto)Neste caso a estrutura terá como nivel agregador o formato ( jpg, tiff, xml,...) e logo o elemento dixitalizado.
Adicionalmente poden existir niveis adicionais antes do elemento para o material seriado do ámbito de bibliotecas ou no ámbito de arquivos se así o require a institución.
Entrega de preservación (objeto-formato)
Neste caso todos os obxectos dixitais da dixitalización estarán no mesmo nivel, e dentro de cada un estarán todos os formatos requiridos. Recoméndase engadir un primeiro nivel co código de expediente/contrato, un segundo co código da institución e por último todos os obxectos.
Para máis información consultar Requisitos dixitalización Arquivo y Requisitos dixitalización Biblioteca.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia
Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal