• Galego
  • Castellano
  • Portugues
Logo Galiciana
  • Consulta
  • Coleccións
  • Directorio
  • Acerca de
  • Axuda
  • Profesionais
    • Galiciana Profesionais
    • Agregar o teu repositorio
    • Dixitalizar patrimonio
    • METS Archivo Dixital
    • METS Biblioteca Dixital
Está en:  › METS Archivo Dixital

Crear METS para Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia

Metadata Encodig & Transmission Standard (METS) é un estándar baseado en XML para describir os obxectos dixitais que permite á súa vez incorporar outros estándares de metadatos como  EAD,  PREMIS ou  MODS. É dicir, dentro dun  METS pódese incluír outras estruturas de metadatos grazas aos elementos mets:mdWrap.

Esta flexibilidade á hora de elixir calquera estándar de metadatos permite un gran nivel de personalización, pero provoca limitacións para a interoperabilidade debido á variabilidade coa que se poden definir.

Para facilitar información acerca da definición que fai unha institución dos seus ficheiros  METS créanse os perfís institucionais, desta forma, conséguese homoxeneizar a creación de ficheiros e a reutilización dos obxectos por outras institucións.

No caso do Arquivo Dixital de Galicia o perfil utilizado está dispoñible en http://www.loc.gov/standards/mets/profiles/00000046.xml

Estrutura básica dun fichero METS para a Memoria Dixital de Galicia

Para os ficheiros do Arquivo Dixital de Galicia, utilízanse 5 das 7 seccións dun documentos.     

Sección metsHdr

Metadatos para describir información sobre o documento dixitalizado como o creador, o responsable da descrición ou o encargado da preservación.

Sección dmdSec

Nesta sección inclúense os datos que describen o elemento dixitalizado con información obtida do  Arquivo  Dixital de Galicia e expresado en formato  EAD.

Sección admSec

Metadatos de carácter técnico sobre os ficheiros que compoñen o obxecto dixital e os dereitos e propiedade intelectual. Os datos desta sección obtéñense durante o proceso de creación, as características dos ficheiros e a partir da validación de  jhove.

Nesta sección úsanse esquemas de metadatos como premis o  metsRights.

Sección fileSec

Neste bloque do METS descríbese a listaxe de ficheiros que forman el obxecto dixital agrupados por tipo de fichero a través de etiquetas fileGrp.

  • archive: para os ficheiros de máxima calidade en formato tif
  • reference: para os ficheiros de difusion en formato jpeg y pdf
  • thumbnail: para as miniaturas
  • ocr: para os ficheiros OCR en formato ALTO.

Sección structMap

Sección para describir a organización do documento desde la perspectiva lóxica e aliñada co documento orixinal (capítulos, seccións,...)

 

Consulta toda a información dispoñible sobre requerimientos téncicos para proxectos de dixitalización en Galicia nesta ligazón.

Imagen
> Galiciana Profesionais
> Agregar o teu repositorio
> Dixitalizar patrimonio
> METS Arquivo Dixital
> METS Biblioteca Dixital
Documentación relacionada:
Axudas dixitalización
Requisitos dixitalización Arquivo
Definición do perfil METS
Plantilla importación CSV
Obxecto dixital de exemplo
Guía de creación de obxectos dixitais

Contacto:
Oficina da Memoria Dixital de Galicia
oficina.memoriadixital@xunta.gal
  • Logo de OAI-PMH
  • Logo de Linked Open Data
  • Logo de Europeana Data Model
  • 
Xunta de Galicia

Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal